Na última reunión da Asociación (1-XII-2006) renovouse unha parte da directiva (presidente, vicepresidente e alguns vocais) despois duns anos de traballo intenso que ben merecen o noso recońecemento.
A nova páxina web pretende ter unha maior utilidade para todos e un acceso máis doado, de xeito que mellore a comunicación e a colaboración entre todos nós. O tempo o dirá. Agradécese a colaboración nas distintas áreas da páxina : enlaces, recensións, materiais didácticos, etc ou calquera outra suxerencia. Enviádeos ó e-mail da Asociación.
Para escribir cas fontes gregas recomendámosvos a aplicación Euclides da Univ. de Barcelona. É moi sinxela e intuitiva, de fácil instalación e non fai falla memorizar farragosas combinacions de teclas.